Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA A CONFERENCIA "FALEMOS DO SUICIDIO" A CARGO DO PSIQUIATRA DANIEL NÚÑEZ
A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, avanzou que terá lugar o 17 de novembro no centro cívico social do Alto
Narón, 26 de setembro de 2023. A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, anunciou a celebración, o vindeiro día 17, dunha nova actividade do programa municipal Cóidate. A proposta consistirá, tal e como avanzou, na conferencia “Falemos do suicidio”, a cargo de Daniel Núñez Arias, psiquiatra da Área Sanitaria de Ferrol e médico do programa de prevención do suicidio. As persoas que desexen acudir poderán facelo o vindeiro venres, ás 19:30 horas nas instalacións do Centro Cívico social do Alto do Castiñeiro. A concelleira naronesa indicou que a través deste programa municipal “centrámonos en convocar actividades encamiñadas a previr o deterioro da saúde mental e o aumento da depresión e outras doenzas”. María Lorenzo recalcou que “está pensado para as persoas coidadoras aínda que é aberto á cidadanía en xeral” e destacou o feito de que “en cada unha das propostas participan profesionais destas áreas, para ofrecer aos asistentes información e ferramentas para afrontar ou previr este tipo de situacións”. As persoas que desexen solicitar máis información poden facelo a través da páxina web do Concello –www.naron.gal-, do número de teléfono 644 747 889 ou do correo electrónico: info@paula-paz.com. A concelleira naronesa recordou que aínda que se trata dunha temática pensada para un colectivo específico, o das persoas coidadoras, pode acudir a estas actividades calquera persoa que o desexe.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal