A unidade estará ubicada nas inmediacións do novo centro de saúde en horario de tarde durante as dúas xornadas
Narón, 20 de novembro de 2023. Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase mañá e o mércores á cidade. A unidade estará operativa estas dúas xornadas nas inmediacións do novo centro de saúde, dende as 15.30 ata as 21.00 horas, tal e como anunciaron dende ADOS.
Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberán agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.
Para solicitar máis información sobre a campaña pódese chamar –de balde- ao número de teléfono 900 100 828.