Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PERÍODO DE PAGO DO SEGUNDO PRAZO DAS MATRÍCULAS E NOVAS MATRÍCULAS NAS ESCOLAS DO PADROADO DA CULTURA
Os trámites poderán materializarse dende o 1 ata o 15 de decembro nas oficinas do Pazo da Cultura
Narón, 30 de novembro de 2023. O Padroado da Cultura abrirá mañá venres o prazo para o pago do segundo prazo das matrículas das Escolas municipais e tamén para aquelas persoas que desexen formalizar novas matrículas naquelas escolas nas que aínda queden prazas vacantes. O prazo para realizar estes trámites manterase aberto ata o vindeiro 15 de decembro, tal e como se indicou dende o Padroado da Cultura. As matrículas pódense formalizar nas oficinas do Pazo da Cultura, de luns a venres en horario de 9.00 a 13.00 e os xoves de 17:00 a 19:00 (excepto do 6 ao 10 de decembro, por festivos que estarán pechadas as oficinas), podendo solicitar máis información ao respecto chamando ao número de teléfono 981 391 144 (extensión 2806) ou a través do correo electrónico: mc.blanco@naron.gal.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal