Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA INFORMÁTICA DIVERTIDA "INDI NADAL"
O edil de Novas Tecnoloxías, Román Romero, recordou que esta iniciativa municipal se dirixe a menores de entre 8 e 12 anos
Narón, 30 de novembro de 2023. O edil de Novas Tecnoloxías, Román Romero, anunciou que o Concello abrirá mañá o prazo de inscrición no programa Informática Divertida “INDI Nadal” dirixido a menores empadroados en Narón e de 8 a 12 anos. Romero indicou que as sesións de INDI se desenvolverán na Aula Cemit de Xuvia do 22 de decembro ao 5 de xaneiro –excepto os festivos do 25 de decembro e o 1 de xaneiro- de luns a venres. En total ofértanse vinte e catro prazas, doce para a quenda de mañá, que será de 10:30 a 13:30 e outras tantas para a de tarde, de 16:00 a 19:00 horas. No caso da zona rural da cidade, dende o Concello ofertouse este mesmo programa aos centros cívicos sociais de todas as parroquias. As persoas interesadas poden anotarse tamén nas citadas instalacións ou solicitar información sobre esta convocatoria nas súas respectivas parroquias, con dez prazas en cada unha delas en horario de mañá. As rapazas e rapaces que acudan á convocatoria aprenderán a programar con Minecraft e Star Wars e Frozen e tamén deseñarán tarxetas de Nadal, cómics dixitais e realizarán tarefas de mecanografía e realidade virtual. “Este programa é xa un dos fixos deste Concello tanto na época de Semana Santa como no Nadal, co fin de que, coincidindo co período de vacacións escolares, as familias poidan conciliar mellor”, recalcou Romero. O responsable da área de Novas Tecnoloxías incidiu en que se trata “dunha proposta lúdica e ao tempo didáctica, con contidos adaptados á idade dos participantes”, e animou ás familias de Narón a anotarse, de balde, nesta actividade. As solicitudes poden presentarse dende mañá ás 8:30 horas ata o 15 de decembro ás 13:30 horas no Rexistro Xeral do Concello, podendo tamén facelo a través da Sede Electrónica de Narón –donde se pode consultar toda a información deste programa- ou de calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas utilizando o formulario dispoñible na Sede Electrónica. Para obter máis información sobre o programa INDI pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1502 ou 1123). As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal