Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTA Á CIDADANÍA A FASE DE RECOLLIDA DE PROPOSTAS PARA A MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DAS TERRAZAS DOS LOCAIS DE HOSTALERÍA DA CIDADE
A edil de Participación Cidadá, Olga Ameneiro, recordou que a fase de presentación de propostas permanecerá aberta ata o 29 de febreiro
Narón, 20 de febreiro de 2024. A concelleira de Participación Cidadá, Olga Ameneiro, informou da apertura do prazo para que a cidadanía presente as súas propostas, de cara á redacción por parte dos técnicos municipais, dun borrador sobre a modificación da ordenanza reguladora de terrazas dos locais de hostalería da cidade. A edil naronesa apuntou que ata o vindeiro 29 de febreiro as persoas que o desexen poderán realizar as súas achegas a través da plataforma Narón Participa, podendo consultar o procedemento a seguir no enlace: https://www.naronparticipa.es/es/naron/proposals/project/1806?tab=stages. Unha vez recollidas as propostas, os técnicos do Concello estudarán a viabilidade das cuestións plantexadas pola cidadanía; elaborarán un primeiro borrador da ordenanza modificada, e abrirase despois unha nova fase de audiencia na que, novamente, os interesados poderán aportar as consideracións que estimen oportunas. Examinadas estas, redactarase o texto da ordenanza final sobre as terrazas para, posteriormente, sometelo a aprobación inicial na pertinente sesión plenaria, e a continuación publicarase no Boletín Oficial da Provincia abrindo un novo prazo dun mes para presentar posibles alegacións. A finalidade desta modificación é “proceder a unha armonización normativa, modificando e actualizando o contido da ordenanza, xa que durante a época da pandemia se aprobaron unha serie de variacións sobre o texto orixinal co fin de minimizar os efectos socioeconómicos da covid-19 no sector”, que nestes intres deben ser valoradas e, no seu caso, revisadas. Dende o goberno local recordouse que poden participar na elaboración das normas propostas persoas maiores de 16 anos empadroadas en Narón ou organizacións e asociacións legalmente constituídas e potencialmente afectadas polas mesmas.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal