Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA RECIBIU NO SALÓN DE PLENOS A ALUMNADO DOS COLEXIOS JORGE JUAN E A SOLAINA
Marián Ferreiro conversou cos escolares, de sexto de Primaria, sobre o cargo á fronte da alcaldía e proxectos da cidade
Narón, 20 de febreiro de 2024. Alumnado de sexto curso de educación Primaria dos colexios Jorge Juan e A Solaina visitaron, respectivamente onte e hoxe, o Concello no marco do programa de visitas de coñecemento da administración local impulsado dende o Consistorio. En total, preto de medio cento de menores, de entre 11 e 12 anos, participaron nesta iniciativa e visitaron dependencias municipais como o salón de plenos, onde foron recibidos pola alcaldesa, Marián Ferreiro. A rexedora local respostou ás preguntas que lle formularon as rapazas e rapaces, sobre o traballo diario no Concello, o seu primeiro contacto coa política municipal, proxectos en marcha na cidade… e intercambiaron opinións sobre determinadas propostas de futuro. Os escolares foron recibidos na planta baixa, onde respostaron a unha serie de preguntas interactivas sobre o lugar no que se atopaban. Rematado o encontro o grupo, que tamén visionou un vídeo didáctico sobre Narón, recibiu de mans da alcaldesa uns agasallos institucionais. Ferreiro agradeceulles a visita ao Concello, ao igual que a do persoal docente que os acompañaba, e sacou unha fotografía de grupo en recordo desta actividade.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal