Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ENTREGOU HOXE NO CONCELLO OS PREMIOS DO "IX CONCURSO DE TAPAS DE ENTROIDO"
Marián Ferreiro entregou os premios acompañada pola edil de Promoción Económica, Olga Ameneiro
Narón, 23 de febreiro de 2024. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a edil de Promoción Económica, Olga Ameneiro, entregaron hoxe no Concello os premios da novena edición do “Concurso de tapas de Entroido”. O restaurante Fame Kanalla obtivo os concedidos tanto polo xurado profesional como pola clientela, dotados con 500 e 300 euros respectivamente. A súa elaboración, unha tosta de arroz uruchimai con pesto de grelos e os elementos do cocido rematado cunha orella doce, baixo o nome de “Sempre me comes a orella”, foi a gañadora das catorce presentadas á convocatoria. O Tapeo, o bar A Toxiña, o mesón Con Arte, Nueva Orleáns, cervexaría Australian, Casa Sindo, El Olivo cocina bar, Fame Kanalla, Confeitura, Silver, bar Tauro, hotel A Roldana, El Colonial e Mamá Flora foron os establecementos que se presentaron ao certame, que ofreceu tapas á clientela –a un prezo de dous euros- dende o 8 ao 14 deste mes de febreiro. A clientela que participou no certame optou a tres premios, tres ceas por importe de 100 euros cada unha que deberán desfrutar como data tope ata o 15 de marzo deste ano no establecemento de hostalería local que elixan dos que participaron neste concurso. Miguel Fidalgo, Clara Caínzos e Alba Cabezón resultaron os agraciados tralo sorteo realizado a través dunha aplicación informática e no que se contabilizaron os 844 votos emitidos. A maiores dos premios, os catorce establecementos de hostalería recibiron un detalle promocional pola súa participación no certame e, ademais, o representante de Fame Kanalla tamén levou dous delantais promocionais e unha placa coa imaxe do certame. A alcaldesa e a edil de Promoción económica felicitaron aos premiados e premiadas na convocatoria e agradeceron a implicación dos catorce establecementos que este ano quixeron sumarse a esta iniciativa, enfocada a promocionar o sector hostaleiro local. Sobre o mesmo, Ferreiro subliñou que “contamos cunha moi ampla oferta de hostalería na cidade que ofrece á clientela produtos de gran calidade, que con motivo de convocatorias como esta podemos promocionar entre as veciñas e veciños de Narón e tamén doutros concellos”.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal