Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE MATRÍCULA NAS TRES ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
A edil de Educación, Olga Ameneiro, informou que o trámite se pode realizar no rexistro municipal ou na Sede Electrónica
Narón, 29 de febreiro de 2024. A concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, anunciou que mañá venres, día 1 de marzo, abrirá o prazo de matrícula nas tres escolas infantís municipais: A Solaina, A Gándara e Piñeiros. As tramitacións para o curso 2024-2025, tal e como informou, poderanse realizar ata o 20 de marzo (incluído) no Concello, a través do Rexistro municipal –de luns a venres de 8.30 a 13.30 horas- ou na Sede Electrónica. A edil naronesa recordou que o Concello ten habilitada a páxina web: buscocole.naron.es, unha ferramenta a través da que se ofrece información sobre todos os centros educativos –públicos e concertados- de referencia na cidade, en función dos domicilios e idades dos menores. Os centros da Solaina, A Gándara e Piñeiros ofrecen ás familias servizo de madrugadores, almorzo, comedor, sestas e merenda.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal