Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ACOLLERÁ DENDE O VINDEIRO LUNS A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "ANACOS", DE FERNANDO GONZÁLEZ PÉREZ
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, indicou que se trata dunha vintena de imaxes sobre espazos naturais
Narón, 1 de marzo de 2024. A sala de exposicións da planta soto da Biblioteca municipal acollerá dende o vindeiro luns, día 4, ata o 6 de abril a mostra fotográfica “Anacos”, unha selección de imaxes de espazos naturais de Fernando González Pérez, un apaixoado fotógrafo aficionado cuxo talento foi recoñecido en diferentes concursos. A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, informou que se poderá ver de luns a venres, entre as 17:00 e as 20:00 horas e tamén os sábados, de 10:00 a 13:00 horas, e animou á cidadanía a achegarse á mesma. A exposición consta dunhas 25 imaxes impresas en diferentes tamaños, dende 45x30 ata 50x25 centímetros. As fotografías amosan unha mirada persoal de diferentes espazos naturais. Nado na Estrada e actualmente residente en Valdoviño, Fernando González forxou a súa traxectoria no ámbito da fotografía realizando diversos cursos, do estudo de libros sobre fotografía e de tutoriais en liña, sempre co obxectivo de perfeccionar a súa arte. Foi galardoado co primeiro premio no “Concurso de fotografía 2023 do Concello da Capela” e no “Primeiro memorial de fotografía de Carlos Caraglia”, onde compartiu recoñecemento con renomeados fotógrafos internacionais. González Pérez é ademáis membro activo do Club de Fotografía Ferrolterra.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal