Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE "CONTAMOS EN IGUALDADE"
A edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro, recordou que a actividade se enmarca no programa de actos do Día Internacional da Muller
Narón, 4 de marzo de 2024. O Concello continuará ao longo da semana conmemorando os actos do 8M, Día Internacional da Muller. Unha das propostas a levar a cabo terá lugar este sábado, día 9, na Biblioteca municipal, onde haberá unha sesión de contos para nenas e nenos e as súas familias. “Contamos en Igualdade” é o título desta convocatoria, para a que se abrirá mañá o prazo de inscrición, ás 16:00 horas, de xeito presencial na propia Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173, tal e como avanzou a concelleira responsable da área, Olga Ameneiro. A través desta actividade apóstase por rachar cos estereotipos dos roles tradicionais asignados aos personaxes dos contos en función do seu xénero, idade, etnia ou condición social, cultural ou funcional. As persoas participantes reflexionarán a partir dos contos sobre a nosa relación con outras persoas para poder construír entre todas e todos un mundo máis igualitario. Para poder participar os menores deben ter os 3 anos cumpridos e o carné da rede de Bibliotecas sen sancións pendientes.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal