Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O VINDEIRO LUNS COMEZARÁ A DESENVOLVERSE NA CASA DA MOCIDADE O PROGRAMA XUVENIL "QUEDAMOS?"
O edil de Mocidade, Ibán Santalla, recordou que se trata dun programa de balde dirixido a menores de entre 12 e 16 anos
Narón, 22 de marzo de 2024. O programa municipal “Quedamos?” comezará o vindeiro luns, día 25, na Casa da Mocidade. Así o recordou o edil responsable da área, Ibán Santalla, que informou que as mozas e mozos de entre 12 e 16 anos poderán participar en diferentes actividades programadas para as tardes da Semana Santa, entre as 17:30 e as 20:30 horas. Trátase dunha proposta de balde e que non precisa inscrición previa, tal e como recordou o edil naronés. Na xornada do luns 25 levarase a cabo o obradoiro “Conecta”, coa presentación dos espazos habilitados nas instalacións para a zona gamer, un espazo creativo e xogos de mesa e recreativos. Estes espazos estarán operativos durante a duración deste programa. O martes 26 haberá un obradoiro de personalización de roupa textil e un campionato de Mario Kart e na xornada do mércores 27 programouse un escape room e un campionato de tenis de mesa. O día 30 de marzo retomarase a actividade, cun obradoiro de rotulación e un campionato de dardos, e na última xornada, o 1 de abril, terá lugar un obradoiro afectivo sexual e un campionato de futbolín. As persoas que desexen recibir máis información poden chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1111) ou escribir un correo electrónico á dirección: omix@naron.gal. O proxecto está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade, a través do programa Plan Correponsables no ámbito local.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal