Trátase dun 4X4 cedido pola Xunta de Galicia para labores medioambientais.
Narón, 4 de Xaneiro de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, presentou hoxe o novo vehículo da Policía Local que realizará tarefas de eido ambiental. Trátase dun todoterreo 4x4 marca Nissan Qashqai, que foi cedido pola Xunta de Galicia ó Concello de Narón no día de onte, durante un acto celebrado nas instalacións da Academia Galega de Seguridade (A Estrada).
O vehículo dispón de 5 portas e 5 prazas, e o motor é un 2.0 dCi de 150 CV. versión Visia. Está dotado cun equipamento especial (cámara fotográfica, sonómetro, equipamento para toma de mostras) ademáis de tódalas prestacións que require un vehículo policial.
A súa característica principal é a tracción das catro rodas, o que permitirá realizar maniobras nas zonas de difícil acceso nas que en moitas ocasión téñense que mover os policías destinados na Unidade de Medioambiente, tal e como explicou o Alcalde.
José Manuel Blanco agradeceu á Xunta de Galicia a cesión deste vehículo, e explicou que foi adquirido cunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental –creado pola administración autonómica coa contribución do canon eólico, que ten coma finalidade entre outras, a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do medio ambiente-.
O novo vehículo incorporarase á flota da Policía Local de Narón, composta polas seguintes unidades:
4 Motocicletas Honda CB 500
1 Citroën AX (para empregar por parte do Servizo de Informes)
1 Citroën Xsara Picasso (Patrulla)
1 Chevrolet Lacetti (Servizo de Medioambiente)
2 Toyota Auris (Patrulla)
1 Toyota Prius (Patrulla)
1 Furgón Citroën Jumpy (Atestados)
1 Furgón Toyota Hiace D4D C 95
Na actualidade, a plantilla da Policía Local de Narón está composta por 37 policías, ocupándose tres deles da Unidade de Medioambiente. Aquí realízanse traballos de inspección de vertedoiros incontrolados, control da maleza, e labores propias do cumplimento das ordenanzas forestais e de control de animais de compañía, entre outras funcións.