O goberno municipal de Narón ven de remitir á Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar da Xunta de Galicia o proxecto dun novo centro integral de atención aos mayores, que costará 1.300.000 euros e se ubicará nunha parcela de 5.000 metros veciña do novo Pazo da Cultura.
A instalación, para a que a Vicepresidencia galega xa comprometeu unha subvención de 300.000 euros, disporá de 1.500 metros cuadrados construídos. As previsións do Concello son que a Xunta poda chegar a aportar o 70% do coste das obras, aínda que tamén se solicitará axuda á Deputación de A Coruña e á Unión Europea a través dun programa PRODER. O Concello conta iniciar os traballos nos primeiros meses deste ano.