Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE ASUMIRÁ AS COMPETENCIAS DE MARIÁN FERREIRO DURANTE A BAIXA DA EDIL POR MATERNIDADE
José Manuel Blanco farase cargo das concellerías de Cultura e Relacións Institucionais e o edil Guillermo Sánchez Fojo asumirá temporalmente a portavocía do grupo municipal de Terra Galega
MÁIS DE 150 ESCOLARES DO CEIP PIÑEIROS PARTICIPARON NA RUTA INAUGURAL DO PROGRAMA CAMIÑO ESCOLAR SEGURO
O alumnado pode elixir entre dúas rutas deseñadas para ir a pé cara ao centro escolar, con puntos de encontro e tendas amigas ubicadas ao longo dos diferentes tramos
O CONCELLO ACOLLERÁ ESTE SÁBADO OS ACTOS PROGRAMADOS CON MOTIVO DO DÍA DOS MAIOS
O Padroado da Cultura de Narón e a Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros, organizaron un completo programa no que se implicaron máis de 1.300 escolares do municipio e varias entidades veciñais e culturais
O CONCELLO E A DELEGACIÓN EN FERROLTERRA DE AGA CONVOCAN UN CURSO SOBRE "TÉCNICAS DE APICULTURA NATURAL SOSTIBLE"
As sesións, teóricas e prácticas, son de balde e comezarán o vindeiro 6 de maio no local social da asociación de veciños Rosa dos Ventos, en Sedes
Á VENDA AS ÚLTIMAS ENTRADAS PARA A FESTA DO LISCO QUE SE CELEBRARÁ EN DOSO
A Concellería de Festas e a AVV A Naveira organizan este evento, que terá lugar o 6 de maio baixo unha carpa que se instalará na zona da pista polideportiva da parroquia
O "III TORNEO DA LIGA IMPACT MODERN 2017" DISPUTARASE ESTE SÁBADO NO LOCAL SOCIAL DO ALTO DO CASTIÑEIRO
O Concello e a Asociación Cultural Impact colaboran neste evento, que comezará ás 10.30 horas e para o que está confirmada a asistencia de xogadores de distintos municipios de Galicia e Asturias
O "IV DESFILE SOLIDARIO" RECADARÁ ALIMENTOS E ROUPA PARA O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN
A cita, que este ano estará adicada ao mundo do deporte, programouse para o venres 5 de maio no Pazo da Cultura
O ESPECTÁCULO MÚSICO-TEATRAL "CANTA O CUCO" REPRESENTARASE NO PAZO DA CULTURA
A cita, dirixida ao público familiar e de case unha hora de duración, terá lugar o domingo 7 de maio a partir das 18.00 horas

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal