A resolución do 11 de xullo de 2007 da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, publicada no DOGA do día 20 deste mes de xullo recolle a petición do Concello de Narón entre os parques eólicos singulares autorizados en Galicia.
Despois dun longo proceso administrativo que conlevou a paralización da tramitación do proceso de adxudicación da xestión dun parque eólico de 3 megawatios no municipio naronés, a Consellería de Innovación e Industria ven de admitir a trámite a solicitude para autorización dun parque eólico singular no Concello.
Esta importante nova suporá retomar dun xeito inmediato o procedemento xa iniciado polo pleno municipal en anos anteriores co fin de elixir ao operador privado que xestionará un parque eólico de titularidade municipal cunha potencia estimada de 3 Mw.
Parte da enerxía producida e dos recursos que dela se obteñan serán utilizadas para o autoconsumo municipal e suporá un indudable beneficio para as arcas do concello.