ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO I MERCADIÑO DE LIBROS DE SEGUNDA MAN
Se celebrará do 15 ó 19 de abril na planta baixa da Biblioteca Municipal do Alto.
Narón, 25 de Marzo de 2013.- A Concellería de Educación e Bibliotecas de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, está a organizar o I Mercadiño de Libros de Segunda Man, que se desenvolverá do luns 15 ó venres 19 de abril (ambos incluídos) de 17:00 a 20:00 horas nos baixos da Biblioteca Municipal do Alto.
O prazo de solicitude para participar neste mercadiño finaliza o xoves 11 de abril. Os interesados deberán presentar a correspondente solicitude no Rexistro Xeral do Concello, e os postos asignaranse por orde de entrada no rexistro. Para participar é imprescindible cumprir os seguintes requisitos:
-Ser socio da bibliotecaria municipal
-Non estar vinculado ó mundo editorial, nin á actividade económica de compra-venta, nin ser distribuidor ou libreiro.
-Dispoñer dun mínimo de 25 exemplares e un máximo de 100 para a venta.
O Concello adxudicará 10 postos, que se instalarán na planta baixa da biblioteca. Cada un deles disporá dunha mesa e tres cadeiras.
O obxectivo desta actividade é facilitar o encontro entre lectores, para a venda ou troco de materiais bibliográficos, favorecendo así o intercambio cultural. Ademáis, con esta iniciativa preténdese difundir a función da Biblioteca Municipal coma axente promotor de actividades culturais, coincidindo co 10 aniversario do edificio situado en O Alto.
Esta actividade compleméntase con outra denominada Bookcrossing e que se desenvolverá a partires do 2 de abril, coincidindo co Día Internacional do Libro Infantil. As familias inscritas nesta actividade participarán nunha “caza de libros” en diferentes puntos de Narón.