O CONCELLO ABRIU O PRAZO PARA SOLICITAR UN POSTO NO MERCADO DE SEGUNDA MAN DE SEDES
O evento celebrarase o vindeiro 5 de xullo no recinto feiral do Trece
Narón, 19 de Maio de 2015.- O recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes, acollerá o vindeiro 5 de xullo a sexta edición do Mercado de segunda man organizado polo Concello de Narón. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse gratuítamente desde o vindeiro luns, día 22, no Rexistro municipal, estando limitada a asistencia a un máximo de 120 particulares, non podendo anotarse comerciantes nin vendedores ambulantes.
O Mercado de segunda man celebrarase durante todo o día, en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 e, tal e como subliñaron desde o Concello, queda prohibida a venda de artesanía. Así mesmo, este ano será un requisito imprescindible para poder participar a entrega de un kilo de alimentos ou produtos de limpeza que se destinarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón.
A organización do evento porá a disposición de cada un dos responsables dos postos unha mesa e unha cadeira para o espacio que se lles asigne e permitirá o acceso ao recinto feiral do Trece unha hora antes da apertura ao público, para que coloquen os artigos á venta.