Tres agrupacións corais actuarán neste evento, que terá lugar o 18 de decembro
Narón, 15 de decembro de 2015. A igrexa de San Martiño de Xuvia, na parroquia do Couto, acollerá o día 18 o Concerto de Panxoliñas “Cidade de Narón”, organizado polo Concello. As Corais Areosa, de Piñeiros; Amistade do Couto e Lucero del Alba, de Neda, protagonizarán a convocatoria, que dará comezo ás 19.30 horas.
O Concello anima á veciñanza a asistir a esta cita programada con motivo destas datas do Nadal e que sen dúbida será un evento entrañable debido ao entorno, a acústica e á iluminación que se instalará para a ocasión na citada igrexa. Así mesmo, recórdase que o aforo é limitado ás bancadas do espazo no que se desenvolverá este concerto de panxoliñas.