O CONCELLO ACOLLERÁ O VINDEIRO LUNS O PLENO DO SORTEO DE MEMBROS DAS MESAS ELECTORAIS DO 23 DE XULLO
As persoas que resulten seleccionadas recibirán unha notificación no seu domicilio
Narón, 21 de xuño de 2023. O Concello acollerá o vindeiro luns, día 26, ás 09.00 horas o pleno no que se procederá a sortear os membros que integrarán as diferentes mesas para as eleccións xerais que se celebrarán o vindeiro 23 de xullo.
O sorteo realízase a través dun procedemento informático e as persoas seleccionadas recibirán nos días seguintes ao pleno unha notificación no seu domicilio.