O goberno local acaba de adquirir novos terreos para urbanizar ambas zonas.
Narón, 6 de Agosto de 2010.- O Concello de Narón continúa co proxecto de conexionar interiormente os barrios do municipio, iniciado hai dous meses coa apertura do tramo da rúa Cangas, en O Alto.
Segundo informou o Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, o Concello acaba de adquirir un terreno situado entre a rúa Tui e a rúa do Rosal, para poder urbanizar ese espacio. Esto permitirá que a zona coñecida como “Finca de Arzúa” quede totalmente conexionada cos barrios de Santa Icía e O Alto.
Na mesma liña de continuar abrindo zonas ó tránsito de peatóns e vehículos, o Concello adquiríu tamén unha parcela contigua á rúa Martínez de la Rosa, en Freixeiro. Coa súa urbanización permitirase a conexión do parque do Río Freixeiro e a Estrada de Castela. O Concello ten previsto ademáis o asfaltado do camiño paralelo ó parque, dándolle un acceso directo á Oficiña Municipal de Turismo, situada frente á rotonda de Freixeiro.
Con estas dúas adquisicións de terreos, o Concello “continúa na súa idea de abrir novos viáis para facer un Narón homoxéneo e conexionado. A esto temos que unirlle a futura apertura do Camiño da Torre e do túnel da rúa Virxe de Covadonga, que aumentarán aínda máis as comunicacións do interior da cidade”, sinalou o Alcalde engadindo que “este é o traballo no que se está a volcar o goberno municipal de Narón” resaltou Jose Manuel Blanco.
Entre os proxectos pendentes de expropiación, o Concello ten prevista a unión nun futuro das rúas Pérez Lugín e Fene, no barrio de A Gándara. Tamén se traballa para a conexión das rúas Virxe de Covadonga e Roncesvalles, tal e como destacou o Alcalde de Narón. “Seguiremos traballando para eliminar esos fondos de saco e poder conexionar totalmente o noso concello”, declarou o rexedor municipal.