Poderá consultarse ata finais do mes de setembro.
O Concello de Narón informa aos veciños de que a Xunta de Galicia mantén aberto ata o 30 de setembro o periodo de información pública do Plan de Ordenación do Litoral de Galicia. Ata esa data, as distintas administracións e entidades públicas e privadas poden expoñer cantas observacións estimen convenientes.
A documentación pode consultarse nos seguintes lugares:
- Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, Transporte e Infraestruturas
- Dirección Xeral de Sostibilidade e paisaxe
- Departamentos Territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Transporte e Infraestruturas
- Na web http://www.cmati.xunta.es