De carácter gratuito, está aberto a tódala cidadanía.
Narón, 7 de setembro de 2010.- O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón, dependente da Concellaría de Cultura, e subvencionado pola Deputación da Coruña, a FEGAMP e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria organiza un curso de técnicas de expresión oral que ten como obxectivo fomentar o emprego oral da lingua galega en diferentes ámbitos de uso: nas exposicións públicas (conferencias, presentacións de traballos,…), na atención ao público e na busca de emprego. Ademais, coa realización deste curso tamén queremos dotar das ferramentas necesarias ás persoas matriculadas no curso para defenderse plenamente nesta lingua nos diferentes ámbitos expresados anteriormente.
O curso terá unha duración de 20 horas e terá lugar nas seguintes datas:
O horario é de 17:00 a 19:00 horas.
Lugar de realización: Centro de Formación Municipal Irmás Froilaz.
O número máximo de alumnado que pode asistir ao curso é de 25, e seleccionarase por orde de inscrición.
Para inscribirse no curso as persoas interesadas teñen que chamar ao teléfono 981337700 ext. 1516 (Adela); enviar un e-mail ao enderezo de correo do servizo a.pita@naron.es; ou ben inscribirse directamente no Servizo de Normalización Lingüística (na 5ª planta do Concello de Narón, Praza de Galicia, s/n, CP 15570 Narón (A Coruña)).
Os bloques de contido que se impartirán son:
Bloque 1: Falar en público
1. Medo, quen dixo medo? As barreiras da comunicación
2. Técnicas de comunicación oral
3. O estilo social: a empatía
4. Activo as orellas: a escoita activa
5. O noso corpo non só fala pola boca: linguaxe non verbal
6. Intelixencia emocional: corazón, cabeza, boca e palabra
7. Respéctasme e respéctote: a asertividade
8. A arte de conversar: convencer e persuadir
9. O discurso
Bloque 2: Atención ao público
1. A atención ao público e a mercadotecnia
2. A expresión corporal
3. A expresión oral
4. Tipoloxía de clientela
5. A comunicación persuasiva
Bloque 3: Busca de emprego
1. Como buscar emprego
2. A elaboración do currículo
3. A entrevista de traballo