Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNS 150 ESCOLARES DE NARÓN, VIVEIRO, MADRID E NAVARRA PARTICIPARÁN NAS "I OLIMPÍADAS NACIONAIS ESCOLARES DE EDUCACIÓN VIARIA"
O concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, recordou que o evento se desenvolverá este xoves no Pazo da Cultura
Narón, 7 de mayo de 2024. O Pazo da Cultura acollerá este xoves, día 9, a primeira edición das Olimpiadas Nacionais Escolares de Seguridade Viaria. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, será a encargada de inaugurar o evento, que contará coa participación de cinco centros de ensino e cuxo alumnado desenvolverá unha serie de probas entre as 10:00 e as 13:30 horas. O presidente da Confederación Nacional de Autoescolas, Enrique Lorca; a Xefa provincial de Tráfico na Coruña, María Victoria Gómez; o tenente xefe do destacamento de Tráfico da Garda Civil, Francisco Javier López; o edil de Seguridade Cidadá de Narón, José Oreona, os policías locais Jose Carballido, de Narón, e Sergio Induráin, de Pamplona, e outros representantes da corporación local naronesa, estarán presentes na convocatoria. O edil de Seguridade Cidadá avanzou que participarán nestas olimpiadas os escolares do CEIP Piñeiros que integran o equipo Universión, gañadores das Olimpíadas escolares de Seguridade Viaria celebradas o pasado mes de abril no Pazo da Cultura. Xunto con este centro naronés tamén participará o equipo “Los/as Ayalas”, do CPR Ayala; alumnado do colexio CEDE San Cernín de Pamplona (Navarra); do colexio CPB Tirso de Molina de Colmenar Viejo (Madrid) e do CEP Lois Tobío de Viveiro (Lugo). A convocatoria dividirase en catro partes: unha teórica, outra audiovisual, unha terceira artística e a última consistirá en descubrir unha palabra oculta. As preguntas serán sobre temas abordados nas aulas e no apartado audiovisual proxectarase un proxecto creado por cada equipo, que será puntuado por un xurado. Na fase artística exhibirán o exercicio plástico realizado, que tamén puntuará o xurado, e finalmente, collendo como referencia os aros das olimpíadas nacionais trataranse os seguintes temas: educación viaria, primeiros auxilios, igualdade, inglés e medio ambiente. Rematadas as diferentes fases procederase a sumar o test final e a puntuación da totalidade das probas, de onde sairá o equipo gañador desta convocatoria estatal para, a continuación, proceder á entrega de premios.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal