A BIBLIOTECA MUNICIPAL PECHARÁ DE XEITO PARCIAL MAÑÁ E O MÉRCORES PARA A REALIZACIÓN DUNS EXAMES INFORMÁTICOS
A edil responsable da área, Mercedes Taibo, solicitou de antemán desculpas polas molestias que poida ocasionar esta medida
Narón, 6 de xuño de 2022. A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou que na tarde de mañá martes non se poderá acceder á segunda planta da Biblioteca municipal nin a ningún dos servizos que alí se ofertan e tamén que este mércores día 8 a Biblioteca permanecerá pechada en horario de mañá. A edil naronesa indicou que a medida responde á necesidade de utilizar ese espazo para realizar os exames de informática dunhas prazas de auxiliar administrativo convocadas dende o Concello.
Dende o Concello solicítanse desculpas polas posibles molestias que poida ocasionar esta medida.