UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ OS DÍAS 24 E 25 DE ABRIL NA CIDADE
O vehículo permanecerá estacionado en horario de mañá e tarde nas inmediacións do centro de saúde
Narón, 18 de abril de 2023. Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará o vindeiro luns e martes, días 24 e 25 de abril, na cidade. O vehículo permanecerá operativo de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas nas inmediacións do centro de saúde.
Dende ADOS recordouse que as persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. A maiores, terán que identificarse coa tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico no caso de estar tomando algún medicamento.