O GOBERNO LOCAL TRASLADA O SEU APOIO Á COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP A GÁNDARA TRALO ANUNCIO DA XUNTA DE PECHAR UNHA UNIDADE DE INFANTIL
Dende o goberno local tamén se insta unha vez máis á Xunta a acometer as melloras que precisan dende hai anos os centros educativos
Narón, 18 de xullo de 2023. O grupo de goberno de Narón trasladou á comunidade educativa do CEIP A Gándara o seu total apoio ao comunicarlle o colectivo o anuncio da Xunta de pechar unha unidade de cuarto de educación Infantil. “Manifestamos o noso total apoio ás súas reivindicacións e solidarizámonos coa comunidade educativa do centro, porque a solución para manter unha educación pública de calidade non é ir pechando unidades nin centros, como vén pasando nesta cidade”, denunciaron.
Dende o goberno local tamén incidiron no “lamentable estado en que se atopan algunhas instalacións de centros de ensino públicos da cidade” e aseguraron que “a pesar de que así llo trasladamos en reiteradas ocasións dende o Concello continúan sen realizar investimentos para acometer as actuacións que precisan eses centros”.
Finalmente, recalcaron que “ante este tipo de situacións, en concreto a do colexio da Gándara, dende a comunidade educativa saben que poden contar con nós, que estaremos con eles onde consideren oportuno para instar á Xunta a revertir esta situación”.
A celebración conta cunha subvención da Axencia de Turismo de Galicia para a promoción e difusión de Festas de Interese Turístico de Galicia.