Se desenvolve no Auditorio Municipal e Aldea Nova, e haberá unha sesión previa o dia 12 de marzo en Odeón.
Narón, 24 de Febreiro de 2011.- O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo presentou hoxe en rolda de prensa o VII Encontro de Zanfona Tradicional, que se desenvolverá no municipio os días 18, 19 e 20 de marzo, organizado polo Centro Galego de Música Popular “ Central Folque” en colaboración co Padroado de Cultura de Narón, quen destina 10.000€ a financiar esta actividade.
O edil estivo acompañado polo mestre da Escola Municipal de Zanfona de Narón, Oscar Fernández, e o responsable da Central Folque, Mauro Sanín. Sánchez Fojo lembrou que o Concello de Narón leva sete anos consecutivos organizando este evento, no que participan músicos de toda España. “Nos somos un dos concellos que está á vangarda destos instrumentos, que xunto coa gaita, son os que empregaban os nosos antepasados celtas”; destacou o Concelleiro de Cultura.
Guillermo Sánchez Fojo asegurou que a zanfona “é un dos instrumentos que nos identifica como galegos” e que Narón aposta por dar continuidade a esta tradición, formando novos músicos a través da Escola Municipal de Zanfona, coordinada polo Padroado de Cultura de Narón e que imparte as súas clases nas aulas de ensaio do Pazo da Cultura, os martes e mércores.
A Escola Municipal de Zanfona experimentou un aumento de matrículas neste curso 2010-2011, pasando de 11 a 24 alumnos na actualidade, tal e como informou o seu profesor, Oscar Fernández. “Este ano houbo unha gañanza de máis do cen por cen do noso alumnado, polo que estamos moi ilusionados con este proxecto e tamén con darlle continuidade ó Encontro de Zanfona”, engadíu.
O VII Encontro de Zanfona Contemporánea se desenvolverá os días 12, 18, 19 e 20 de marzo nos seguintes espazos: Centro Comercial e de Ocio “Dolce Vita Odeón”, Auditorio Municipal da Praza de Galicia, e parque temático do rural Aldea Nova (Sedes).
Os destinatarios deste encontro son os escolares de 6º de Educación Primaria dos colexios de Narón, os instrumentistas de zanfona de toda España, e a poboación en xeral que poden acudir ós concertos do día 18 de marzo no Auditorio Municipal da Praza de Galicia.
A continuación, detállase a relación de actividades do VII Encontro de Zanfona:
12 de Marzo:
Horario Actividade
17:00 Actuación do alumnado da Escola de Zanfona do Padroado da Cultura do Concello de Narón no Centro Comercial Odeón.A “A zanfona na Romería”
18 de Marzo:
Horario Actividade
11:00 a 13:00 Actividades didácticas para escolares de 6º de Educación Primaria dos colexios de Narón a cargo de Jaime Rebollo Villarino Luthier de Zanfonas e Pepa Yáñez , actriz e cantante.
18 de Marzo:
Horario Actividade
20:30 Concerto no Auditorio Municipal a cargo de: Adriá Grandia (Catalunya), Combo Mariñeiro de Vilaxoán (Galiza), cun entre acto, concertó didáctico de Xan Manoel Aparicio sobre o Nikelharpa, instrumento a cabalo ente a zanfona e a viola.
19 de Marzo:
Horario Actividade
10:00 a 14:30 Curso Intensivo de Adriá Grandia en Aldea Nova
22:00 Palco Aberto: Actuación de tódolos que queiran e con calquera instrumento .
20 de Marzo:
Horario Actividade
10:00 a 14:30 Curso Intensivo de Adriá Grandia en Aldea Nova