No BOE de hoxe apertúrase o prazo de presentación de instancias para a provisión de diversas prazas de funcionario a cubrir no concello de Narón.
O boletín oficial do estado nº 173 do 20 de xullo recolle a apertura do prazo de presentación de instancias (vinte días naturais a contar dende o seguinte ó desta publicación) para a cobertura de dúas prazas de administrativo de administración xeral - por concurso-oposición e promoción interna -; dúas prazas de auxiliar administrativo de administración xeral e unha praza de alguacil municipal - as tres últimas por oposición libre -.
As bases reguladoras da convocatoria se atopan recollidas no boletón oficial da provincia de A Coruña (www.dicoruna.es) nº 102 do 4 de maio de 2007.