Esta actividade foi promovida pola asociación xuvenil Croio, en colaboración co Colexio Rural Agrupado de Domirón
Narón, 6 de Maio de 2013.- A Asociación Xuvenil ‘Croio’ realizou o pasado sábado 4 de maio a tradicional plantación de árbores que fai tódolos anos, en colaboración cun centro de Educación Primaria de Narón.
Nesta ocasión, o colexio convidado a participar foi o CRA de Domirón. Así, un grupo de 30 ‘voluntarios’ entre membros de Croio e alumnos/as deste colexio, encargáronse da plantación de 60 árbores da especie Liquidambar –Styraciflua-) no entorno do Paseo Marítimo de Xuvia. Os participantes recibiron unha placa conmemorativa desta xornada.
Ademáis, a Asociación ‘Croio’ mantén un convenio de colaboración co Concello de Narón para contribuir ó embelecemento dos espazos verdes. Por este motivo, tamén participaron o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, que foron os encargados de prantar 4 magnolios grandiflora.