CORTES NO SUBMINISTRO DE AUGA O VINDEIRO LUNS DEBIDO Á REPARACIÓN DUNHA AVARÍA NA AVENIDA SOUTO VIZOSO
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, avanzou que os cortes están previstos entre as 9.00 e as 16.00 horas do 24 de outubro
Narón, 20 de outubro de 2022. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, informou dun corte no subministro de auga que levará a cabo a empresa Cosma o vindeiro luns, día 24, entre as 9.00 e as 16.00 horas en varias rúas da cidade. A medida responde á necesidade de reparar unha fuga detectada nun tramo da avenida Souto Vizoso.
O edil indicou que, tal e como trasladou a compañía mixta de augas do Concello, veranse afectadas polos cortes no subministro a avenida Miguel de Cervantes, a zona de As Torres, As Viñas, Cortiña Grande, Camiño de Pasadoiro, o lugar do Castro, o Camiño da Veiga, A Picota, o Camiño do Petouzal, o Camiño do Corveiro e O Souto.