CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA EN SANTA ICÍA PARA REPARAR UNHA FUGA DETECTADA NA REDE
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, indicou que os traballos darán comezo hoxe ás 22.00 horas e está previsto que rematen nunhas tres horas
Narón, 29 de decembro de 2022. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, informou que esta noite, ás 22.00 horas, procederase a cortar o subministro de auga durante un prazo de tres horas, aproximado, para subsanar unha fuga detectada á altura da ponte de Santa Icía.
O edil naronés explicou que o corte afectará ás vivendas e establecementos ubicados na avenida Santa Icía (lado par) e nas rúas Pascual Veiga, San Carlos, María Mariño, Crego Merino, Duque de Rivas, Bon Xesús, Clara Corral, Padre Feijoo, Empecinado e o Camiño Roibo. Dende o Consistorio solicítanse de antemán desculpas polas posibles molestias ocasionadas.