Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA "CONCILIAVERÁN 2024"
A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, avanzou que se ofrecerán un centenar de prazas para menores de 3 a 12 anos
Narón, 6 de maio de 2024. O Concello abrirá mañá martes ás 8:30 horas o prazo de inscrición no programa Conciliaverán 2024. A convocatoria diríxese a alumnado de entre 3 e 12 anos empadroado ou escolarizado na cidade cando traballen os dous proxenitores ou un deles se é familia monoparental. Así o avanzou a concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, que recalcou que as inscricións, de balde, poderán tramitarse ata o 16 de maio ás 13:00 horas. En total ofértanse un centenar de prazas e as persoas admitidas, que serán debidamente informadas, disporán dun prazo de dous días para presentar a documentación requerida. O Conciliaverán 2024 desenvolverase do 1 de xullo ao 9 de agosto, en tres quendas: do 1 ao 12 de xullo; do 15 ao 26 de xullo e do 29 de xullo ao 9 de agosto. O programa desenvolverase nas instalacións do CRA de Domirón, no Alto, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas e ofrecerá servizo de madrugadores de 8:00 a 9:00 horas e acompañamento ao mediodía, de 14:00 a 15:00 horas. As nenas e nenos realizarán actividades lúdico educativas, como xogos populares, obradoiros de manualidades, dinámicas de animación… todas elas con carácter inclusivo e contidos transversais de educación en valores, tal e como recordou a edil naronesa. As inscricións poderán tramitarse a través da Sede Electrónica de Narón, o Rexistro municipal ou calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. As persoas interesadas en recibir máis información poden contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1125).

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal