Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DO IES TERRA DE TRASANCOS PARTICIPOU NUNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE OPORTUNIDADES EUROPEAS EN DIFERENTES ÁREAS
A concelleira de Promoción Económica e Ensino, Olga Ameneiro, recordou que o Concello se adheriu o pasado ano á iniciativa "Europa no teu Concello", que impulsa este tipo de actividades
Narón, 8 de maio de 2024. Alumnado de primeiro curso de Bacharelato e Ciclos Formativos do IES Terra de Trasancos participou na xornada de onte nun obradoiro enmarcado nos actos da Semana Europea da Xuventude 2024, promovido por Europe Direct a través da Asociación Ingalicia-Eurodesk A Coruña. No transcurso do obradoiro as rapazas e rapaces coñeceron as principais oportunidades europeas de mobilidade, formación, educación, emprego e voluntariado, tal e como indicou a concelleira de Promoción Económica e Ensino, Olga Ameneiro. O salón de actos do IES Terra de Trasancos acolleu a iniciativa, na que participaron un total de 87 alumnas e alumnos. O Concello de Narón adheriuse o pasado ano á iniciativa “Europa no teu Concello”, creada por Europe Direct A Coruña e a Deputación da Coruña e que funciona a modo de punto local de información europea nos concellos, tendo entre os seus obxectivos achegar información europea aos mozos e mozas. O andar do Servizo Sociocomunitario municipal acolle o expositor con información oficial sobre iniciativas europeas dirixidas á mocidade.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal