Participaron máis de 200 nenos e nenas dos colexios de Narón.
Narón, 24 de Novembro de 2010.- A empresa mixta de augas Cosma fixo pública a relación de gañadores da 3º edición do Concurso Anual de Debuxo Infantil, que organiza cada ano dentro dos actos conmemorativos do Día Mundial da Auga celebrado o pasado 22 de marzo. Neste concurso participaron alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria dos colexios do municipio.
Cosma confirma o éxito, un ano máis, dun Concurso naceu baixo o lema “A Auga, o noso mellor valor” co que se pretendía transmitir ós mais novos o enorme valor deste recurso.
A entrega de premios tivo lugar hoxe no Concello, e contou coa participación de Pablo Mauriz (Concelleiro de Servizos de Narón), Mª del Carmen Espada (Concelleira de Ensino de Narón) e Jose Manuel Marcote (Xerente de COSMA).
A carteira de galardóns incluía 1 premio individual por ciclo -consistente nunha bicicleta de montaña-, un entre os nenos que cursen 3º e 4º e outro entre os que cursen 5º e 6º; 1 premio colectivo para a clase de cada ciclo con maior participación no concurso -se lles entregará un lote de material educativo- e 4 premios para os nenos finalistas, dous de cada ciclo, ós que se lles premiará con un kit de debuxo infantil.
Nesta terceira edición foi seleccionado como gañador de 5º e 6º David Castro e resultaron finalistas Aldara Castro e Javier Gonzalez. Nos cursos de 3º e 4º o gañador foi Erik Iglesias e os finalistas foron Carla Pardo e Alex del Moral.
O premio colectivo será concedido ó Colexio Santiago Apóstol en duas clases, 3º curso e 6º curso xa que foron os de maior participación.
Cosma agradece a tódolos nenos e nenas participantes a sua creatividade e esforzo e informa de que seguirá desenvolvendo iniciativas como éstas que difundan o sentido de responsabilidade, que o conxunto da sociedade debe ter en conta con respecto ó uso da auga, a través dos máis novos.