Ronaldo Jiménez, alcalde da cidade guatemalteca de San Carlos Alzatate agradeceu en nome do seu pobo a solidariedade do Concello de Narón, que aportou 6.000 euros a un proxecto de formación de mulleres no citado municipio.
O proxecto que se desenvolve no país centroamericano pretende a formación e capacitación de grupos de mulleres organizadas para que poidan acceder a un máis alto nivel de renda, que redundará en beneficio das súas familias e na mellora das condicións de vida de miles de nenos e nenas.
O Concello de Narón colaborou económicamente na adquisición de máquinas de coser para a súa utilización nun taller de corte e confección no que traballan corenta mulleres en quendas de mañá e tarde.
San Carlos de Alzatate e Narón colaborarán tamén noutros proxectos educativos; máis concretamente, na dotación de dous institutos básicos dúas aldeas de difícil acceso do municipio.
San Carlos de Alzatate é unha poboación de 15.000 habitantes situadaao ao pé do volcán Alzatate, en Jalapa (Guatemala), productora de maíz, frijol e café.