A CONCELLERÍA DE SERVIZOS ANIMA Á CIDADANÍA A DEPOSITAR O ACEITE DOMÉSTICO NOS CONTENEDORES CORRESPONDENTES, PARA O CORRECTO TRATAMENTO DESTE RESÍDUO
No que vai de ano 2013 lévanse recollidos 4.290 litros.
Narón, 4 de Xuño de 2013.- A Concellería de Servizos de Narón, dirixida polo edil Pablo Mauriz, quere concienciar á poboación sobre a necesidade de reciclar o aceite de cocina usado “posto que a práctica de tiralo polo vertedoiro das cociñas domésticas é altamente contaminante” segundo comentou o concelleiro.
Como se lembrará, o Concello de Narón dispón dun total de seis puntos de recollida de aceite doméstico, situados nos seguintes lugares:
-Praza de Santa Cecilia
-Praza de A Gándara
-Estrada de Castela, 50-52
-Rúa 25 de Xullo
-Estrada de Castela, 564 (Piñeiros)
-Xuvia (Praza do antigo Concello)
No que vai de ano 2013, o Concello de Narón leva recollidos un total de 4.290 litros de aceite doméstico. En anos pasados, téñense recollido as seguintes cantidades:
Ano 2012 7.440 litros
Ano 2011 6.600 litros
Ano 2010 4.200 litros
A Concellería de Servizos de Narón quere incrementar estas cifras de recollida de aceite de cociña, polo que “estamos a estudar diferentes propostas para aumentar o número de contenedores de reciclaxe deste líquido, para instalalos noutros puntos de Narón”, sinalou Pablo Mauriz.