O evento celebrarase durante toda a xornada do sábado 28, no lugar de Vilacornelle (detrás da Cooperativa de O Val).
Narón, 26 de Setembro de 2013.- O lugar de Vilacornelle (detrás da Cooperativa de O Val) acolle este fin de semana o 1º Festival Agro-Folk do Val, organizado pola asociación de mulleres Zarabanda de O Val, e a asociación Vai Rañala Meu.
Lucía Garcia e Daniel Cánovas, secretaria e presidente de ambas asociacións respectivamente, presentaron hoxe en rolda de prensa este evento, no que tamén colaboran o Concello de Narón (a través das Concellerías de Turismo, Festas e Ensino) e o Padroado de Cultura.
O programa do FestiVal comenzará o venres 27 de setembro, cun itinerario didáctico sobre música e cultura galega para escolares dos seguintes centros: CEIP Piñeiros, Colexio Jorge Juan, CEIP Virxe do Mar, e CRA de O Val. Terá lugar en horario de mañá, de 10 a 13 horas.
O sábado será a xornada principal deste Festival, na que haberá cursos de reglaxe de Zanfona e actuacións musicais, ademáis da celebración dunhas Agro Olimpiadas (realizaranse por grupos formados por un mínimo de 4 persoas) nas que se practicará deporte rural galego e xogos tradicionais. Tamén está programado un Concurso de Cestas do Agro.
A organización do FestiVal instalará unha carpa para poder realizar tódalas actividades baixo cuberto, no caso de que chova.