XORNADAS DE DIVULGACIÓN DO PATRIMONIO E ENTREGA DA DISTINCIÓN 'CASTREXA DE HONRA OENACH ATLÁNTICO 2013'
A campa castrexa da Feira do Trece albergará o sábado 12 de outubro estos eventos. A distinción de Castrexa de Honra seralle entregada a Elvira Fontán.
Narón, 10 de Outubro de 2013.- O Grupo de Traballo de Sedes, en colaboración co Concello de Narón, celebrará este sábado 12 de outubro os actos que tiña programados para o Oenach 2013 e que tiveron que ser suspendidos a causa do Loito Oficial, decretado tras o accidente de tren de Santiago, o pasado 24 de xullo.
Estos actos retomaranse o sábado 12 de outubro, na Campa castrexa da Feira do Trece, na que se desenvolverá o seguinte programa:
16:00 horas: Apertura da xornada, coas seguintes actividades:
-Cocedura aberta no forno comunitario da campa castrexa de empanada, bola de liscos, bolas na sartén.
-Mostra da casa castreña nas pallozas da campa: vestimenta, utensilios, etc…
17:00 horas: Xogos rurais
18:30 horas: Audición musical da Banda de Gaitas do Padroado de Cultura.
19:00 horas: Representación teatral da obra “O castro no tempo” a cargo da Gran Compañía de Teatro Comunitario de Sedes.
19:15 horas: Acto de entrega da distinción “Castrexa de honra do Oenach Atlántico 2013” a dona Elvira Fontán Rico.
19:30 horas: Actuación etnográfica do Grupo de Danzas “Alxibeira” do Padroado de Cultura de Narón.