O CONCELLO ACOLLE VARIOS ACTOS PARA CONMEMORAR A SEMANA MUNDIAL DA LACTANCIA MATERNA
O Centro Comercial Odeón e a praza de Galicia serán os escenarios da programación dos días 6 e 7 de outubro, na que o Concello de Narón colabora co Grupo de apoio á lactancia materna Bbtta
Narón, 5 de outubro de 2017. O Concello de Narón colabora co Grupo de apoio á lactancia materna Bbtta na organización dos actos da Semana Mundial da Lactancia Materna 2017, que se desenvolverán esta fin de semana, os días 6 e 7 de outubro. O escenario da cita programada para o día 6 será o Centro Comercial Dolce Vita Odeón, donde a partir das 17.00 horas dará comezo unha reunión semanal cun stand informativo e ás 17.30 haberá unha actuación musical, “Cantabaila”.
As actividades continuarán o sábado día 7 na praza de Galicia, tamén pola tarde. Ás 17.00 horas terá lugar unha festa con inchables e pintacaras para as nenas e nenos, e haberá unha merenda para todos os asistentes. Na praza instalarase un stand informativo na que se ofrecerá información sobre os beneficios da lactancia materna. A actuación de Pakolas, a partir das 17.30 horas dará continuidade á programación deste ano para conmemorar a Semana Mundial da Lactancia Materna.
O Grupo de apoio á lactancia materna Bbtta conta un ano máis coa colaboración do Concello de Narón na organización destas actividades, nas que animan a participar á veciñanza da cidade e tamén doutros municipios da comarca.