O Concello donou un lote de libros que formarán parte dos fondos deste espazo de lectura para escolares.
Narón, 18de Marzo de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e os Concelleiros de Ensino e Servizos, Manuela Pérez Sequeiros e Pablo Mauriz, visitaron hoxe a nova biblioteca do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Ponte de Xuvia. O rexedor reiterou o seu compromiso de colaborar cos centros de ensino de Narón na medida das súas posibilidades, para o cal se amosou disposto a firmar “os convenios que faga falta” coa Xunta de Galicia.
Jose Manuel Blanco agarda que o novo goberno autonómico atenda as necesidades dos colexios de Narón, especialmente do Ponte de Xuvia e do CEIP Virxe do Mar, que precisa dunha remodelación urxente das súas instalacións. Respecto ó colexio visitado hoxe, Blanco confirmou a necesidade de ampliar as súas instalacións, logo de que os mestres do centro lle informasen sobre este asunto. “Queremos que tódolos alumnos veñan contentos ó colexio e conquiran unha educación boa, para o que é necesario dispoñer tamén de instalacións en óptimo estado”, comentou.
A nova biblioteca do CEIP Ponte de Xuvia conta na actualidade con 2.984 volúmenes de lectura e máis de 300 libros de consulta, ademáis de revistas e DVD’s axeitados para os escolares. O sistema de empréstito funciona a través do proxecto Meiga da Consellería de Educación da Xunta, ó que está adscrito este centro.
O proceso de remodelación da biblioteca do Ponte de Xuvia durou un ano, e durante este período de tempo as súas instalacións permaneceron pechadas. Foi entón cando se adquiriu o novo mobiliario, un expositor para as novidades e se fixo unha renovación dos exemplares que non reunían as condicións necesarias para a súa lectura. O Concello de Narón aportou hoxe á biblioteca un lote de libros que formarán parte da nova biblioteca