A COMPAÑÍA TALÍA TEATRO REPRESENTARÁ ESTA FIN DE SEMANA NO PAZO A OBRA "MORTE ACCIDENTAL DUN ANARQUISTA"
As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 4 de maio de 2022. O Pazo da Cultura acollerá o venres 6 e o sábado 7 -20.30 e 20.00 horas respectivamente- a representación da comedia teatral “Morte accidental dun anarquista”, da compañía Talía Teatro. Cándido Pazó dirixe e adaptou esta peza protagonizada por un anarquista que falece tras caer pola ventá dunha comisaría na que o interrogaba a policía. Darío Fó é o autor da obra, cunha sátira cargada de humor a través da que se pon en evidencia o traballo policial e dos medios de comunicación na procura de información do “escándalo”.
As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es, a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).