Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA ABRIRÁ O VINDEIRO MARTES O PRAZO DE MATRÍCULA NAS ESCOLAS CULTURAIS MUNICIPAIS
O edil de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, indicou que o prazo para inscribirse permanecerá aberto ata o vindeiro 24 de setembro
Narón, 27 de agosto de 2022. O Padroado da Cultura abrirá do 30 de agosto ao 24 de setembro o prazo de matrícula nas Escolas Culturais Municipais. As persoas interesadas en acudir deben inscribirse nas oficinas do Pazo da Cultura, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 e os sábados de 10.00 a 13.00, podendo solicitar máis información ao respecto chamando ao número de teléfono 981 391 144 ou a través do correo electrónico mc.blanco@naron.es, tal e como explicou o concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo. Entre a oferta das Escolas Tradicionais están as clases de Danza tradicional, Canto e pandeireta (a partir de 5 anos); Gaita, Acordeón e Percusión tradicional (a partir de 6 anos); Zanfona (dende os 8 anos); Construción de instrumentos (a partir de 16 anos) e, para os nenos e nenas de menor idade, de 3 e 4 anos, está a modalidade de O Recuncho dos Pequechos. Outra das opcións a elixir son as Escolas Artísticas, donde hai novamente dúas opcións: Teatro (a partir de 4 anos) e Debuxo (a partir de 6 anos) e dende a Escola de Formación de Actores e Actrices, o primeiro curso (a partir de 16 anos), segundo e terceiro e o Practicum. O prezo de cada unha destas actividades é de 63,10 euros por curso a excepción de segundo e terceiro da Escola de Formación Actoral, cuxo importe é de 208 euros por curso. No Padroado da Cultura tamén se ofrece a posibilidade de matricularse en Bailes de salón, deportivo, caribeños e danza coreográfica (a partir de 4 anos), cun custe de 31,60 euros por matrícula e unha cota de 15 euros ao mes. O prazo de devolución de matrículas será ata o 28 de outubro deste ano, en horario de 9.00 a 14.00, tal e como se indicou. As clases impartiranse entre os meses de outubro deste ano e maio de 2023, ambos incluídos. A información ao completo das diferentes propostas pódese consultar a través do enlace: https://bit.ly/3QT2E8R.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal