Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLERÁ DO 1 AO 15 DE SETEMBRO A EXPOSICIÓN "NARART, UNHA PONTE Á ARTE"
A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, avanzou que se trata dunha mostra de 39 pinturas e outras tantas imaxes realizadas por membros da asociación Narart
Narón, 29 de agosto de 2022. A sala multiusos da Biblioteca municipal –na plata soto- acollerá do 1 ao 15 de setembro a exposición “Narart, unha ponte á arte”, impulsada pola Asociación Narart (Narón, amigos del arte). A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que se trata dunha mostra colectiva de pintura e fotografía formada por un total de 39 imaxes e outras tantas pinturas de temática diversa. Os autores dos traballos que se poden ver son trece integrantes da asociación Narart: Lucía Bouza, Manuel Carballeira, María José García, Juan García, Maite López, Katy Martín, Manoli Miraz, Esther Piñán, Crisanto Poveda, Carmen Rodríguez, Rosa María Rodríguez, Mercedes Urriza e Juan Rafael Zaplana. A Asociación Narart constituíuse no ano 2011, tras unha xuntanza en Narón dos seus membros fundadores, que apostaron por impulsala co obxectivo, entre outros, de difundir a arte en todas as súas expresións. Dende a entidade ofrécense tamén ao longo do ano obradoiros para menores e persoas adultas e, a maiores, organizan un certame literario de poemas e relatos curtos con periodicidade anual, que este ano alcanza a súa décima edición. A edil naronesa destacou a actividade da asociación Narart e o seu traballo pola difusión cultural e animou a cidadanía a ver a mostra. O horario de visita será do 1 ao 7 de setembro de martes a venres entre as 10.00 e as 13.00 horas o os luns e mércores de 18.00 a 21.00 horas e dende o 8 ata o 15 de setembro –incluídos- de luns a venres de 17.00 a 20.00 e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal