Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PARQUE DE FREIXEIRO ACOLLERÁ ESTE SÁBADO A GRAN FESTA INFANTIL CIDADE DE NARÓN ORGANIZADA POLO CONCELLO
A concelleira de Festas, Natalia Hermida, anunciou que a convocatoria, con propostas moi variadas, desenvolverase en horario de mañá e tarde
Narón, 31 de agosto de 2022. A Gran Festa Infantil Cidade de Narón organizada polo Concello e coa que cada ano se celebra o remate do verán retómase tras dous anos suspendida pola situación sanitaria derivada da pandemia da covid-19. A concelleira de Festas, Natalia Hermida, anunciou que a cita terá lugar este sábado, día 3 de setembro, no parque de Freixeiro. “Todas as nenas e nenos que se acheguen poderán desfrutar dunha completa xornada con diferentes propostas que se sucederán ao longo da mañá e da tarde”, indicou Hermida. Unha festa “holi”, outra da escuma, inchables acuáticos, un circuíto de karts, un inchable xigante e pintacaras forman parte das propostas organizadas para a ocasión. “Todas estas propostas son de balde, polo que poderán desfrutar de todas elas nos espazos habilitados no parque de Freixeiro en horario de 12.00 a 14.00 e tamén pola tarde, de 16.00 a 20.00”, asegurou Hermida. A concelleira naronesa animou ás veciñas e veciños de Narón “a achegarse este sábado ao parque de Freixeiro para desfrutar dunha xornada de diversión que suporá o colofón final na cidade á tempada estival, xusto antes de que as nenas e nenos regresen ás aulas para iniciar o novo curso escolar”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal