Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLEU UNHA REUNIÓN DE ASOCIACIÓNS E ENTIDADES DA COMARCA IMPLICADAS NO PROXECTO MUNICIPAL "TODAS AS PERSOAS SUMAMOS"
As edís de Benestar Social, Catalina García, e Ensino, Mercedes Taibo, informaron aos representantes das diferentes entidades
Narón, 2 de setembro de 2022. O Concello acolleu esta mañá unha reunión con entidades da comarca para abordar os avances realizados dentro do proxecto “Todas as persoas sumamos”. As edís de Benestar Social, Catalina García, e Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, participaron na convocatoria, informando sobre o traballo realizado durante os últimos meses e tamén avanzando o que se levará a cabo de aquí a finais de ano. Estiveron presentes representantes de todas as entidades participantes: Aspaneps, Aspanaes, Saúde Mental Ferrolterra, Eume e Ortegal, Áurega, ASCM, AXF, Teima Down Ferrol, Alcer, Nuestra Señora de Chamorro e Cogami. As concelleiras naronesas destacaron o labor que realizaron as entidades e asociacións implicadas nesta iniciativa para elaborar material didáctico e divulgativo que se publicitará a través das redes sociais e a páxina web do Concello. Un caderno de traballo e infografías forman parte dese material para dar información das diferentes diversidades e romper estereotipos. O material enviarase aos centros de ensino da cidade e difundirase ademais a través das entidades participantes. A procura da integración e dar visibilidade ás diferentes diversidades e capacidades das persoas son dous dos obxectivos que centran este programa. A todas as entidades agradeceron as representantes do goberno local a súa “gran implicación en todas as iniciativas que se impulsan a través deste programa, do que queremos facer partícipes a todas as veciñas e veciños da cidade, para que poidan participar activamente nos diferentes procesos co obxectivo de sumar porque todas as persoas sumamos e por iso mesmo o programa leva este nome”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal