Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLERÁ O VINDEIRO DÍA 29 A CONFERENCIA "A VOZ DO SILENCIO", SOBRE O ACOSO ESCOLAR
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Ensino, Mercedes Taibo, presentaron a convocatoria xunto con Estela Brañas e Begoña Ramos, vicepresidenta e secretaria, respectivamente, da Asociación Áurega
Narón, 11 de outubro de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, presentaron esta mañá xunto con Estela Brañas e Begoña Ramos, vicepresidenta e secretaria, respectivamente, da Asociación Áurega, a conferencia “A voz do silencio”, sobre acoso escolar, prevención, detección e intervención. A convocatoria, tal e como indicou Ferreiro, terá lugar o vindeiro 29 de outubro de 17.00 a 19.00 horas no Auditorio municipal de Narón e require inscrición previa. A presidenta da Asociación No al Acoso Escolar (NACE), Carmen Cabestany será a encargada de falar aos asistentes sobre esta temática, tal e como indicaron dende Áurega. Así mesmo, destacaron a colaboración do Concello e da citada entidade para poder levar a cabo en Narón esta conferencia, á que animaron a acudir á cidadanía. Ferreiro subliñou a importancia “de continuar traballando conxuntamente coas entidades e coa sociedade en xeral, tal e como dende hai anos vimos facendo dende o Concello de Narón, para ofrecer información e ferramentas encamiñadas a erradicar o acoso escolar, unha conduta que lamentablemente está aí a día de hoxe e que non se pode tolerar”. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo, de balde, a través do enlace: https://bit.ly/3Cm6xx7.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal