Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROGRAMA AUTONÓMICO "COIDADOS PORTA A PORTA" REGRESARÁ DE NOVO Á CIDADE NO MES DE NOVEMBRO
As persoas interesadas en solicitar cita previa para acudir ás consultas poden facelo por teléfono ou correo electrónico
Narón, 11 de outubro de 2022. A Consellería de Política Social anunciou que unha das unidades móbiles do programa “Coidados porta a porta” regresará de novo á cidade o vindeiro mes de novembro, concretamente o venres 18 e tamén os días 21 e 22 do mesmo mes. Trátase dunha iniciativa que ofrece á veciñanza servizos de balde de estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía e que está destinado a persoas maiores de 55 anos. A unidade móbil estará operativa durante as tres xornadas mencionadas en horario de 9.00 a 20.00 e ubicarase nas inmediacións do novo centro de saúde. As persoas interesadas en acudir a estas consultas poden solicitar cita previa ou máis información chamando aos números de teléfono 622 748 283 ou 623 546 992, así como no correo electrónico: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal