Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ENTREGARÁ HOXE E MAÑÁ EMBUDES PARA A RECOLLIDA SELECTVA DO ACEITE DE COCIÑA USADO
O edil de Servizos, Ibán Santalla, animou á veciñanza a participar nesta campaña para contribuír ao coidado do medio ambiente
Narón, 28 de decembro de 2022. O Pazo da Cultura acollerá hoxe e mañá un stand no que se entregarán ás persoas interesadas embudes para participar nunha campaña de fomento de recollida selectiva de aceite de cociña usado. O edil de Servizos, Ibán Santalla, explicou que esta tarde se poderán recoller en horario de 16.00 a 18.00 e mañá dende as 11.30 ata as 13.30 e de 15.30 a 19.30. “Somos parte da nosa cidade. Codémola!” é o lema desta campaña, que se desenvolve conxuntamente coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, no marco do Plan de Recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU, tal e como recordou Santalla. Dende o Concello animaron á cidadanía a implicarse nesta iniciativa, recollendo os aceites de cociña usados para depositalos posteriormente nos contedores de aceite ubicados en diferentes puntos da vía pública, no Punto Limpo do polígono de Río do Pozo e nos puntos limpos de proximidade que se habilitaron en barrios da zona urbana.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal