Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLERÁ A VINDEIRA SEMANA UNHA CHARLA SOBRE O ACCESO Á EDUCACIÓN INFANTIL NOS CENTROS DE ENSINO
A edil de Ensino, Mercedes Taibo, avanzou que persoal dos equipos directivos dos centros de ensino públicos de Narón acudirá á convocatoria
Narón, 10 de febreiro de 2023. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, informou que o vindeiro martes, día 14, o Auditorio municipal acollerá ás 17.00 horas unha charla informativa sobre o acceso á educación infantil nos centros de ensino. A edil naronesa explicou que se trata dunha convocatoria dirixida a familias que escolarizan por primeiro ano aos seus fillos e fillas en centros públicos de Infantil. Persoal dos equipos directivos de todos os centros de ensino públicos de Narón acudirá á convocatoria para informar ás familias sobre os prazos de matrícula, servizos que ofrecen os distintos centros e os proxectos curriculares. As familias terán a oportunidade de realizar as preguntas que consideren oportunas sobre o procedemento, tal e como asegurou Taibo. Así mesmo, tamén se entregará aos asistentes á charla un folleto informativo sobre a páxina web municipal: buscoactividade.naron.es, donde se informa da oferta educativa da cidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal