Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA VINTENA DE ESCOLARES DO CEIP VIRXE DO MAR VISITARON ESTA MAÑÁ O ARQUIVO, O SALÓN DE PLENOS E A OFICINA DA POLICÍA LOCAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, intercambiou opinións e visións da cidade cos escolares no salón de plenos
Narón, 10 de febreiro de 2023. Unha vintena de alumnas e alumnos de sexto curso de Primaria do CEIP Virxe do Mar visitaron esta mañá o Concello de Narón. Os escolares, acompañados por persoal docente, chegaron ao Consistorio sobre as 9.40 horas, para a continuación visitar as instalacións do Arquivo municipal, ubicado na planta do soto. Ás 10.00 horas, tal e como figura na programación, visualizaron un vídeo no salón de plenos e realizaron unha serie de actividades, respostando a preguntas vencelladas á visita realizada. Unha vez no salón de plenos, onde ocuparon os espazos dos edís da corporación local, reuníronse coa alcaldesa, Marián Ferreiro, á que lle realizaron varias preguntas sobre o funcionamento, servizos e instalacións municipais. Os escolares intercambiaron varias impresións sobre a cidade coa rexedora local, interesándose Ferreiro por saber a súa visión dos servizos e equipamentos actuais e tamén sobre outros que lles interesen de cara ao futuro. Ao finalizar, recibiron uns agasallos institucionais e realizaron unha fotografía de grupo coa alcaldesa para inmortalizar a visita. Antes de regresar de novo ás aulas os escolares visitaron a oficina da Policía Local e informáronse tamén sobre o funcionamento deste Corpo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal